InicioA CORUÑAA Coruña perdeu máis de 1.000 habitantes no último ano

A Coruña perdeu máis de 1.000 habitantes no último ano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Concello da Coruña, segundo o novo informe poboacional que o IGE vén de sacar para o 2022, perdeu algo máis de 1.000 habitantes entre 2021 e 2022.

Lugar 2021 2022 Variación absoluta Taxa de variación (%)
Concello da Coruña 242.074 241.025 -1.049 -0,43

 

 

Galicia sumou 2.722 habitantes a 1 de xullo de 2022 en comparación co mesmo período do ano anterior, debido ao crecemento de poboación rexistrado nas provincias da Coruña e Pontevedra.

En concreto, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), a comunidade galega contaba a mediados do ano pasado con 2.693.451 habitantes.

 

 

Peso dos 7 grandes concellos

As provincias de A Coruña e Pontevedra concentran o 76,7% da poboación galega. Na Coruña había 1.122.033, en Pontevedra 943.474 (ambas as con subidas de poboación respecto de 12 meses atrás), en Lugo 323.984 e en Ourense 303.961 (as dúas anótanse descensos).
En calquera caso, o país segue a ser eminentemente rural a pesar do éxodo ás cidades que levamos vivindo nas últimas décadas, como deixa claro esta gráfica.

ÚLTIMAS

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Repaso á presenza herculina entre os finalistas aos Premios Martín Códax da Música

Anunciáronse onte os finalistas aos Premios Martín Códax 2024. A Asociación Músicas ao Vivo...

Os violíns homenaxearán a Luisa Villalta no Concerto das Letras Galegas

O Concerto das Letras Galegas, que se celebrará o próximo 16 de maio no...